Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Autorizacións e licenzas

Tratamento de datos persoais relativos a soclitudes de licenzas e autorizacións e tipoloxía diversa.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión de datos relativos a solicitudes de licenzas e autorizacións de tipoloxía diversa.

Colectivo

Persoas solicitantes, representantes legais, licenciatarias/os, autorizadas/os e beneficiarias/os.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.

Características persoais: Datos de estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento, lingua materna.

Académicos e profesionais: Formación, titulacións, historial de estudante, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador.

Datos económico-finaceiros e de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, plans de pensións, xubilación, datos económicos de nómina, datos deducións impositivas/impostas, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios, historial créditos, tarxetas crédito.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas, Facenda Pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas, Órganos Xudiciais.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.