Satisfacción e calidade
Tratamento de datos persoais relativos a xestión de consultas e estudos destinados ao control de satisfacción e calidade dos servizos públicos.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión das consultas e estudos destinados ao control da satisfación e a calidade dos servizos públicos en interese dos administrados.
Colectivo
Persoas interesadas, representantes legais ou actuantes en nome de empresas ou Administración Pública.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma e sinatura electrónica.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.