Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Axenda, directorio telefónico e comunicación

Tratamento de datos relativos a xestión da axenda, boletíns e distintas canles de comunicación coa cidadania.

Base xurídica

Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión da axenda, divulgación de boletíns, informes, estudos e calquera información institucional. Xestión da interacción con persoas a través do correo electrónico, postal, telefónico, contornas de rede social, páxina web e subscricións a noticias e información.

Colectivo

Persoas físicas, incluídas as que representan a persoas xurídicas, públicas e privadas, coas que se mantén unha relación en función das actividades que se teñen encomendadas.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, teléfono (fixo ou móbil) e enderezo de correo electrónico.

Categoría de destinatarios

Persoas físicas, incluídas as que representan a persoas xurídicas relacionadas coas actividades da organización que se promovan.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.