Cartafol cidadán
Tratamento de datos relativos ao conxunto estruturado de actuacións en formato electrónico en relación coas administracións.
Base xurídica
Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
- Regulamento de administración electrónica da Deputación de Pontevedra.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión do conxunto estruturado de información e documentos en formato electrónico relativo ás relacións administrativas de cada persoa interesada, sexa física ou xurídica, xerada nas súas relacións administrativas. Xestión da información de contacto, a de circunstancias persoais e a outra información ou documentación achegada voluntariamente pola cidadanía na súa relación co sector público autonómico. Ofrecer, de forma proactiva, servizos personalizados no exercicio das súas funcións e competencias relativos ás súas preferencias persoais e aos seus intereses, sempre que se apliquen as medidas adecuadas para a protección dos dereitos, das liberdades e dos intereses lexítimos das persoas destinatarias.
Colectivo
Persoas interesadas, representantes legais ou autorizados, beneficiarias/os.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, número da seguridade social, tarxeta sanitaria, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.
Características persoais: Estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento, lingua preferente de contacto, medio de notificación preferente.
Detalles do emprego: Detalles do emprego (corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo), datos non económicos de nómina, historial do traballador.
Datos económico-financeiros e de seguros: Datos bancarios.
Categoría de destinatarios
As administracións públicas no exercicio das súas propias competencias ou cando sexa necesario para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.