Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Actividades formativas, cursos e talleres

Tratamentos de datos relativos a xestion de accións formativas e probas de avaliación.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión e control da preinscrición e matriculación en actividades formativas, probas de avaliación e cualificacións, envío de comunicacións e outras actuacións relacionadas coa formación de profesoras/es e alumnas/os.

Colectivo

Persoas solicitantes, alumnas/os, profesorado. Os datos das profesoras/es de actividades remuneradas serán comunicados ás entidades financeiras, Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tribunal de Contas.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, número da seguridade social, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica.

Académicos e profesionais: Formación e titulacións.

Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial da traballadora/or. Permiso de maternidade ou paternidade . Permiso por razón de violencia de xénero. Permiso por coidado de fillo menor por cancro ou outra enfermidade grave. Permiso para facer efectivo o seu dereito á protección e á asistencia integral, por parte de funcionarios que sufrisen danos físicos ou psíquicos da actividade terrorista.

Datos económico-financeiros e de seguros: Datos bancarios.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas e Entidades financeiras.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.