Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Igualdade

Tratamento de datos relativos as acciónes levadas a cabo pola Deputación en materia de Igualdade.

Base xurídica

Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
  • Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Artigo 9. 2. f) RXPD. O tratamento é necesario para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou cando os tribunais actúen en exercicio da súa función xudicial.

Artigo 9. 2. h) RXPD. O tratamento é necesario para fins de medicina preventiva ou laboral, avaliación da capacidade laboral do traballador, diagnóstico médico, prestación de asistencia ou tratamento de tipo sanitario ou social, ou xestión dos sistemas e servizos de asistencia sanitaria e social.

Fins do tratamento

Xestión da escola de Igualdade María Vinyals. Elaboración de plans de igualdade e programas, axudas, concursos, talleres e eventos para fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, dende unha perspectiva transversal, integradora no coñecemento profesional e persoal. Prestacións de axuda e asistencia a aquelas mulleres que sofren violencia de xénero.

Colectivo

Mulleres solicitantes, representante legal ou voluntario, administracións públicas, docentes e alumnado de actividades formativas do servizo de Igualdade, mulleres e os seus familiares en situación ou risco de violencia de xénero que solicitan asistencia.

Categoría de Datos

Datos de categoría especial: Datos relativos á orientación sexual, orixe étnica ou racial.

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono.

Características persoais: Data e lugar de nacemento, estado civil, idade, sexo, nacionalidade.

Datos académicos e profesionais: Formación, titulacións.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas. Forzas e Corpos de Seguridade, Órganos xudiciais.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.