Axudas, becas ou subvencións
Analízanse os datos relativos a xestión de solicitudes, valoración e requisitos das axudas, becas e subvencións mais o seu control financeiro e fiscal.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
- Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
- Lei 9/2007, do 13 de xuño de subvencións de Galicia.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión de solicitudes, valoración ou baremación, concorrencia de requisitos, publicación no boletín oficial da provincia no seu caso, espazos físicos ou electrónicos, institucionais, concesión e ingresos. Control e fiscalización das axudas ou subvencións.
Colectivo
Persoas solicitantes, beneficiarias/os e representantes legais.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, número da seguridade social, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), imaxe, sinatura electrónica.
Características persoais: Datos de estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Circunstancias sociais: Características do aloxamento, vivenda, propiedades, posesións, licenzas, permisos, autorizacións.
Académicos e profesionais: Formación, titulacións, historial do estudante, experiencia profesional.
Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador.
Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, plans de pensións, xubilación, datos económicos da nómina, datos deducións impositivas/impostas, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios, historial créditos, tarxetas crédito.
Datos de transaccións: Bens e servizos fornecidos polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, transaccións financeiras, compensacións/indemnizacións.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas, Facenda Pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas , entidades financeiras, Órganos xudiciais e entidades aseguradoras.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.