Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Actividades e instalacións socio-culturais

Analízanse os datos relativos a xestión de preinscricións, inscricións e desenvolvemento de actividades e de asistentes de actividades socio-culturais.

Base xurídica

Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión de preinscricións, inscricións e desenvolvemento de actividades de carácter social e/ou culturais, lúdicas ou festivas, a nivel individual e colectivo. Concesión de autorizacións de ocupación da vía pública ou de instalacións provinciais. Xestión de asistentes a eventos, actos ou actividades de carácter social, cultural, lúdico ou festivo nas instalacións provinciais (museos e outras instalacións similares). Xestión de participantes a concursos ou, no seu caso, a candidatos a premios ou galardóns, así como a publicación nos medios de comunicación institucional ou social.

Colectivo

Persoas usuarias, nais e pais, titora ou titor e representante legal.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos,NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.

Características persoais: Idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.

Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, bens patrimoniais, datos bancarios, datos económicos de nómina, datos, seguros, subsidios, beneficios.

Categoría de destinatarios

Non se prevén.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.