Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Actividades e instalacións deportivas

Analízanse os datos relativos a xestión de preinscricións, inscricións e desenvolvemento de actividades de carácter deportivo.

Base xurídica

Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión de preinscricións, inscricións e desenvolvemento de actividades de carácter deportivo, a nivel individual e colectivo. Xestión administrativa e contable do servizo. Reserva para uso de instalacións.

Colectivo

Persoas usuarias, nais e pais, titora ou titor e representante legal.

Categoría de Datos

Datos de categoría especial: Saúde (Diversidade funcional).

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.

Características persoais: Idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.

Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, bens patrimoniais, datos bancarios, datos económicos de nómina, datos de seguros, subsidios, beneficios.

Categoría de destinatarios

Non se prevén.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.