Arquivo provincial
Analízanse os datos relativos a xestión do Arquivo Provincial
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
- Lei 40/2015, do 1 do outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
- Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión das solicitudes de consulta do Arquivo Provincial para a investigación histórica ou científica, a información, o estudo e a resolución de asuntos administrativos, así como para o seu uso polos propios servizos provinciais no desenvolvemento das súas funcións.
Colectivo
Cidadás/áns consultantes ou os seus representantes legais, cargos ou empregadas/os públicos.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.
Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, historial do traballador.
Datos de transaccións: Bens e servizos fornecidos polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, transaccións financeiras, compensacións/indemnizacións.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.