Medio ambiente
Analízanse os datos relativos a adopción de medidas cautelares e exercicio da potestade sancionadora nas actuacións de vixilancia, prevención, inspección, control, aproveitamentos, usos e protección do medio ambiente.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
- Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de Protección Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Adopción de medidas cautelares e exercicio da potestade sancionadora (contaminación atmosférica, ruídos e vibracións, contorna natural e regas ambientais) nas actuacións de vixilancia, prevención, inspección, control, aproveitamentos, usos e protección do medio ambiente.
Colectivo
Inspeccionadas/os, representantes legais, persoas sancionadas e autorizadas/os ou licenciatarias/os.
Categoría de Datos
Datos de infraccións: Natureza penal e administrativa.
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.
Características persoais: Idade, datos de familia, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Circunstancias sociais: Licenzas, permisos, autorizacións.
Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas, licenzas comerciais.
Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, datos bancarios, datos económicos de nómina, datos deducións impositivas/impostas, seguros.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas, Facenda Pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas, Entidades de crédito e Órganos xudiciais.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.