Ocupación da vía pública
Analízanse os datos relativos a xestión de licenzas para regular as condicións a que deben axustarse as obras, instalacións ou usos temporais que se realicen nos espazos libres de dominio e uso provincial. Devolucións de fianzas por ocupación da vía pública.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
- Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de estradas de Galicia.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión de licenzas para regular as condicións as que debe axustarse a ocupación temporal das estradas da Deputación de Pontevedra; por exemplo para as probas deportivas ou transporte de mercancías que se realicen nos espazos libres de dominio e uso público provincial. Devolucións de fianzas por ocupación da vía pública.
Colectivo
Solicitantes e representantes legais.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.
Circunstancias sociais: Pertenza a clubes e asociacións, licenzas, permisos e autorizacións.
Datos de información comercial: Actividades e negocios.
Datos económico-financeiros e de seguros: Seguros e fianzas.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas e Órganos xudiciais.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.