Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Medición térmica para o acceso ás dependencias da Deputación de Pontevedra

Medición da temperatura corporal, mentres dure o estado de alarma, ás persoas que queiran acceder ás instalacións da Deputación. Búscase garantir e protexer a saúde das cidadás e cidadáns, máis o das traballadoras e traballdores, detectando posibles casos de COVID-19 e evitar así a súa propagación e contaxio.

Base xurídica

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laboráis.
  • Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública.

Artigo 6. 1. d) RXPD. O tratamento é necesario para protexer intereses vitais do interesado ou doutra persoa.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Artigo 9. 2. c) RXPD. O tratamento é necesario para protexer intereses vitais do interesado ou doutra persoa física, no caso de que o interesado non estea capacitado, física ou xuridicamente, para dar o seu consentimento.

Artigo 9. 2. i) RXPD. Por razóns de interese público no ámbito da saúde pública, como a protección fronte a ameazas transfronteirizas graves para a saúde, ou para garantir elevados niveis de calidade e de seguridade da asistencia sanitaria e dos medicamentos ou produtos sanitarios.

Fins do tratamento

A incorporación, coma medida preventiva, dun sistema de medición térmica que detecte a temperatura das persoas que entran nos centros de traballo da Deputación (ben sexan traballadores, clientes ou provedores), orientada a obter un indicador sobre a presenza dunha temperatura corporal elevada, que pode ser un elemento diagnóstico de relevancia para a detección do virus COVID-19. A actuación enmárcase dentro da situación de emerxencia sanitaria na que as administracións buscan protexer a saúde pública, actuando coma unha barreira de contención e freando a expansión do virus COVID-19. As medidas adoptadas por razón de interese público no ámbito da saúde pública deberán estar suxeitas as medidas adecuadas e específicas baseadas no cumprimento dos principios xerais en materia de protección de datos, en particular a limitación da finalidade, a minimización dos datos, os períodos de conservación limitados, a calidade dos datos e a protección dos datos desde o deseño xunto coa proporcionalidade coa tecnoloxía seleccionada, sempre garantido a protección dos dereitos das persoas físicas.

Colectivo

Cidadás/áns, traballadoras/es, clientas/es, proveedoras/es que accedan ás dependencias da Deputación de Pontevedra.

Categoría de Datos

Datos de categoría especial: Saúde (temperatura corporal).

Carácter identificativo: Imaxe.

Categoría de destinatarios

Non se prevén.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.