ORAL Xestión Tributaria e Catastral
Xestión dos datos persoais necesarios por parte da Oficina de Recaudación da Administración Local para colaborar cos Concellos na xestión, inspección e recadación dos tributos locais e outros ingresos de dereito público delegados na institución provincial, así como de facilitarlle á cidadanía destes Concellos o puntual cumprimento das obrigas derivadas da imposición dos tributos locais e dos ingresos xestionados por delegación.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladoras das Facendas Locais.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Artigo 9. 2. b) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social.
Fins do tratamento
Inspección e recadación dos tributos locais e outros ingresos de dereito público delegados na institución provincial, así como de facilitarlle á cidadanía destes Concellos o puntual cumprimento das obrigas derivadas da imposición dos tributos locais e dos ingresos xestionados por delegación.
Colectivo
Contribuíntes ou suxeitos obrigados e representantes legais.
Categoría de Datos
Datos de categoría especial: Saúde, vítima de violencia de xénero, persoas con risco de exclusión social.
Datos de infraccións e sancións: Administrativas.
Carácter identificativo: Nome e apelidos, DNI, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), imaxe e sinatura electrónica.
Características persoais: Datos de estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.
Circunstancias sociais: Vivenda, propiedades, posesións, licenzas, permisos e autorizacións.
Datos de información comercial: Actividades e negocios.
Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, subsidios e beneficios.
Datos de transaccións: Bens e servizos fornecidos polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, compensacións/indemnizacións.
Categoría de destinatarios
Administracións públicas, Facenda Pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas, Entidades de crédito e Órganos xudiciais.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade (ENS).
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.