Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Emprego público

Analízanse os datos relativos a ofertas de emprego público da Deputación de Pontevedra

Base xurídica

Artigo 6. 1. a) RXPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
  • Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Artigo 9. 2. b) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social.

Fins do tratamento

Selección de persoal e provisión de postos de traballo mediante convocatorias públicas. Xestión das listas de espera e bolsas de emprego temporal público. Procesos selectivos para persoal que desenvolve funcións directivas.

Colectivo

Persoal funcionario ou laboral destinado na organización e cidadáns.

Categoría de Datos

Datos de categoría especial: Saúde (Diversidade funcional).

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, número da seguridade social, tarxeta sanitaria, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.

Características persoais: Datos do estado civil, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.

Académicos e profesionais: Formación, titulacións, historial do estudante, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador.

Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, datos bancarios, plans de pensións, xubilación, datos económicos de nómina, datos deducións impositivas/impostas, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas, Facenda Pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas, Entidades de Crédito, Organismos da Seguridade Social, Órganos de representación, Órganos xudiciais, entidades aseguradoras e mutualidades.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.