Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Videovixilancia en instalacións públicas

Analízanse os datos relativos a garantir a seguridade das persoas, bens e instalacións, empregando cámaras de vixilancia.

Base xurídica

Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Lei 5/2014, do 4 de abril, de Seguridade Privada.
  • Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguridade cidadá.
  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Garantir a seguridade das persoas, bens e instalacións empregando cámaras de vídeo vixilancia.

Colectivo

Empregadas/os públicos e persoas visitantes.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Imaxe.

Categoría de destinatarios

Forzas e Corpos de Seguridade, órganos xudiciais.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.