Gravación de plenos
Analízanse os datos relativos as gravacións das sesións plenarias, retransmisión en streaming ou outro tipo de difusión, así coma apoio, no seu caso, para a elaboración das actas do Pleno.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
- Lei 19/2013, do 9 de decembro, de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.
- Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.
- Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Gravación das sesións plenarias, retransmisión en streaming ou outro tipo de difusión, así como apoio, no seu caso, para a elaboración das actas do Pleno.
Colectivo
Presidenta, persoas deputadas e empregadas/os públicos.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Imaxe/Voz.
Categoría de destinatarios
Pública.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.