Corporación provincial
Analízanse os datos relativos as comunicacións dos membros da Corporación provincial. Xuntas, Plenos e eventos de carácter institucional.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
- Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento da Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión das comunicacións dirixidas aos membros da Corporación provincial para a asistencia a comisión, Xuntas de Goberno ou Plenos, así como aos actos ou eventos de carácter institucional. Liquidación das indemnizacións ou, no seu caso, remuneracións.
Colectivo
Empregados públicos.
Categoría de Datos
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), imaxe, sinatura electrónica.
Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador.
Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas, licenzas comerciais, subscricións a publicacións/medios de comunicación.
Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, datos económicos de nómina, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios, historial créditos.
Categoría de destinatarios
Tribunal de Contas, Órganos xurisdicionais, Axencia de Protección Antifraude.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.