Rexistro de intereses
Analízanse os datos relativos ao rexistro de intereses.
Base xurídica
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 7/1985, do 12 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
- Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
- Ordenanza de transparencia da Deputación de Pontevedra.
Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.
Fins do tratamento
Xestión e custodia do rexistro de intereses (declaración de bens, actividades e intereses das persoas membras da Corporación Provincial).
Colectivo
Empregadas/os públicos e persoas deputadas.
Categoría de Datos
Datos de infraccións: Natureza penal e administrativa.
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura e sinatura electrónica.
Características persoais: Datos de estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade e lugar de nacemento.
Circunstancias sociais: Situación militar, propiedades, posesións, licenzas, permisos e autorizacións.
Académicos e profesionais: Formación, titulacións, historial do estudante, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina e historial do traballador.
Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas e licenzas comerciais.
Datos económico-financeiros de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, datos económicos de nómina, datos, seguros e hipotecas.
Categoría de destinatarios
Tribunal de Contas, Órganos xurisdicionais, Axencia Protección Antifraude e público en xeral.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.