Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Participación cidadá

Analízanse os datos relativos a participación das e dos cidadás/áns na vida pública empregando os medios postos a disposición pola administración.

Base xurídica

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 7/1985, do 2 abril, reguladora das Bases do Réxime Local.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
  • Ordenanza de transparencia da Deputación de Pontevedra.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión da participación activa da cidadanía nos asuntos públicos empregando os diferentes instrumentos e canles de interacción, así como a xestión das persoas usuarias do Cartafol Cidadá, no que se facilita toda aquela información administrativa que pode ser do seu interese.

Colectivo

Cidadás/áns, representantes legais ou actuantes en nome de empresas ou Administración pública.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), firma, sinatura electrónica.

Características persoais: Idade, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.