Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Dereito de acceso á información pública

Analízanse os datos relativos a peticións de acceso a información pública por parte da cidadanía.

Base xurídica

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información púlica e bo goberno.
  • Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.

Fins do tratamento

Rexistrar e tramitar as peticións de acceso á información realizadas polas cidadás e cidadáns ao amparo da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno e a Ordenanza de transparencia e acceso á información pública da Deputación de Pontevedra.

Colectivo

Persoas solicitantes de información pública.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica.

Categoría de destinatarios

Consello de Transparencia e Bo Goberno e Comisión de Transparencia de Galicia.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.