Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Consultas, reclamacións, queixas e suxestións ao DPD

Analízanse datos relativos as consultas, reclamacións, queixas e suxestións formuladas ao Delegado de Protección de Datos, polos afectados e a autoridade de control.

Base xurídica

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
  • Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Artigo 9. 2. f) RXPD. O tratamento é necesario para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións ou cando os tribunais actúen en exercicio da súa función xudicial.

Fins do tratamento

Xestión de consultas, reclamacións, queixas e suxestións formuladas ao Delegado de Protección de Datos, tanto dos afectados como da autoridade de control.

Colectivo

Cidadás/áns e residentes, representantes legais, cargos ou empregadas/os públicos.

Categoría de Datos

Datos de categoría especial: Saúde, ideoloxía ou opinións políticas, afiliación sindical, relixión, conviccións relixiosas ou filosóficas, orixe racial ou étnica, biométricos, xenéticos, vida e/ou orientación sexual, vítima de violencia de xénero.

Datos de infraccións: Natureza penal e administrativa.

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, número da seguridade social, tarxeta sanitaria, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), voz, marca física, firma, pegada dixital, sinatura electrónica.

Características persoais: Datos do estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade, lugar de nacemento, lingua materna.

Circunstancias sociais: Características de aloxamento, vivenda, situación militar, propiedades, pertenzas, afeccións e estilo de vida, pertenza a clubes, asociacións, licenzas, permisos, autorizacións.

Académicos e profesionais: Formación, titulacións, historial do estudante, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.

Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos da nómina, historial do traballador.

Datos de información comercial: Actividades e negocios, creacións artísticas, literarias, científicas ou técnicas, licenzas comerciais, subscricións a publicacións/medios de comunicación.

Datos económico-financeiros de seguros: Ingresos, rendas, investimentos, bens patrimoniais, créditos, préstamos, avais, datos bancarios, plans de pensións, xubilación, datos económicos de nómina, datos deducións impositivas/impostas, seguros, hipotecas, subsidios, beneficios, historial de créditos, tarxetas de crédito.

Datos de trasaccións: Bens e servizos fornecidos polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, transaccións financeiras, compensacións/indemnizacións.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas, Autoridades de Control en Protección de Datos, Defensor do Pobo, Órganos xudiciais.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.