Protección de datos

Rexistro de actividades de tratamento de datos

Rexistro de entrada e saída

Analízanse os datos relativos aos escritos ou comunicacións presentados e os expedientes derivados dos mesmos.

Base xurídica

Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:

  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.

Artigo 6. 1. e) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento.

Fins do tratamento

Xestión de entrada de escritos ou comunicacións que sexan presentados ou que se reciban na Deputación, presencial ou electronicamente, así como a saída dos escritos e comunicacións oficiais dirixidas a outros órganos ou particulares, como apertura dos expedientes administrativos que puidesen derivarse.

Colectivo

Cidadás/áns, representantes legais, empregadas/os públicos destinatarias/os ou a persoa emisora do escrito ou comunicación.

Categoría de Datos

Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica, datos de representación e outros relacionados có escrito ou comunicación presentada.

Características persoais: Datos do estado civil, idade, datos de familia, sexo, data de nacemento, nacionalidade e lugar de nacemento.

Categoría de destinatarios

Administracións públicas.

Transferencias internacionais

Non están previstas transferencias internacionais.

Prazo de supresión

Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.

Medidas de seguridade

As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.

Responsable do tratamento

Deputación de Pontevedra.