Contratación
Analízanse os datos en materia de contratación pública. Procesos de licitación, publicidade e transparencia dos procedementos e control das capacidades dos candidatos.
Base xurídica
Artigo 6. 1. b) RXPD. O tratamento é necesario para a execución dun contrato no que o interesado é parte ou para a aplicación a pedimento de este de medidas precontractuais.
Artigo 6. 1. c) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento dunha obriga legal aplicable ao responsable do tratamento:
- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspón ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
Artigo 9. 2. h) RXPD. O tratamento é necesario para fins de medicina preventiva ou laboral, avaliación da capacidade laboral do traballador, diagnóstico médico, prestación de asistencia ou tratamento de tipo sanitario ou social, ou xestión dos sistemas e servizos de asistencia sanitaria e social.
Artigo 9. 2. b) RXPD. O tratamento é necesario para o cumprimento de obrigas e o exercicio de dereitos específicos do responsable do tratamento ou do interesado no ámbito do Dereito laboral e da seguridade e protección social.
Fins do tratamento
Xestión da contratación pública, garantindo o cumprimento dos principios de libre acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos, asegurando a eficiente utilización dos fondos destinados á realización de obras, a adquisición de bens e a contratación de servizos. Control de cualificación e capacidade dos candidatos. Control das incidencias que se produzan durante a execución dos contratos ata a súa total extinción.
Colectivo
Licitadoras/es, adxudicatarias/os, contratistas ou concesionarias/os, representantes legais, empregadas/os ou operarios candidatos e/ou partícipes na execución do obxecto do contrato.
Categoría de Datos
Categoría especial: Saúde (diversidade funcional).
Carácter identificativo: Nome e apelidos, NIF, número da seguridade social, enderezo (postal ou electrónico), teléfono (fixo ou móbil), sinatura electrónica.
Características persoais: Idade, sexo, data de nacemento, nacionalidade.
Académicos e profesionais: Formación, titulacións, experiencia profesional, pertenza a colexios ou asociacións profesionais.
Detalles do emprego: Corpo/escala, categoría/grao, postos de traballo, datos non económicos de nómina, historial do traballador.
Datos económico-financeiros e de seguros: Ingresos, rendas, bens patrimoniais, datos bancarios.
Datos de transaccións: Bens e servizos fornecidos polo afectado, bens e servizos recibidos polo afectado, transaccións financeiras, compensacións/indemnizacións.
Categoría de destinatarios
Administración Pública, Facenda Pública e Administración Tributaria, Tribunal de Contas, Órganos xudiciais.
Transferencias internacionais
Non están previstas transferencias internacionais.
Prazo de supresión
Conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se solicitaron e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da devandita finalidade e do tratamento dos datos.
Medidas de seguridade
As medidas de seguridade implantadas correspóndense coas previstas no Esquema Nacional de Seguridade.
Responsable do tratamento
Deputación de Pontevedra.