"O teu primeiro emprego" en organizacións non gobernamentais
Preguntas frecuentes sobre o COVID-19 (30/04/2020)
Destinadas a asociacións sen ánimo de lucro que desenvolvan programas ou sexan titulares ou xestoras de centros ou programas de servizos sociais inscritas no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS)
- Bases (BOPPO 29/03/2019)
- Corrección de erros (BOPPO 15/04/2019)
- Modificación das bases (BOPPO 18/12/2019)
- Preguntas frecuentes (FAQ) - actualizado a 10/04/2019
- RP Aprobando a lista provisional de entidades admitidas e excluídas (02/07/2019)
- Lista provisional de entidades admitidas (02/07/2019)
- Lista provisional de entidades excluídas (02/07/2019)
- Acordo da Xunta de Goberno aprobando as bases reguladoras da selección de persoas beneficiarias (14/08/2019)
- Acordo da Xunta de Goberno aprobando a relación de organizacións seleccionadas (14/08/2019)
- Bases reguladoras da selección de persoas beneficiarias (BOPPO 04/09/2019)
- Acordo da Xunta de Goberno aceptando a "Asociación para a protección dos anciáns de Lalín e a súa comarca" (23/09/2019)
- Bases reguladoras da selección de persoas beneficiarias no caso de existir vacantes (BOPPO 05/11/2019)
- Convocatoria de vacantes (BOPPO 06/11/2019)
- Prórroga por seis meses máis do programa (BOPPO 27/04/2020) (BOPPO 14/05/2020)
- Modelo cartel informativo (pdf)
Titulación solicitada | ONG de destino |
---|---|
Ciclo Superior en Administración e Finanzas | Asociación Avelaíña |
Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística | Asociación de Discapacitados do Condado e da Paradanta (Adapta) |
Ciclo Superior en Integración Social | Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga) |
Asociación Érguete Vigo de Axuda aos Toxicómanos | |
Ciclo Superior en Mediación Comunicativa | Asociación Benéfico Social de Padres e Amigos La Esperanza de Val Miñor (Centro Juan María) |
Diplomatura/Grao en Educación Social | Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias (AFAPO) |
Centro Cultural Artístico e Recreativo de Valadares | |
Asociación Érguete de Prevención de Condutas Aditivas e de Educación e Promoción da Saúde no Baixo Miño | |
Asociación Diversidades | |
Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Alborada) | |
Diplomatura/Grao en Enfermería | Asociación para a Protección dos Anciáns de Lalín e da súa Comarca |
Diplomatura/Grao en Fisioterapia | Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra |
Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) | |
Diplomatura/Grao en Logopedia | Asociación Comarcal de Educación Especial Santísimo Cristo do Amor (Aceesca) |
Diplomatura/Grao en Terapia Ocupacional | Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer do Morrazo |
Licenciatura/Grao en Psicoloxía | Asociación Lar Pro-Saúde Mental |
Mestra/e, especialidade en Educación Primaria/Grao en Educación Primaria | Asociación de Pais de Minusválidos Psíquicos do Morrazo |
Nesta primeira seleccionaranse as organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra como entidades colaboradoras e determinaranse as titulacións universitarias e de ciclos superiores de formación profesional dos 40 postos de traballo que se van desempeñar baixo a modalidade de contrato en prácticas, que se repartirán en dous grupos:
- 1.º grupo: 25 contratacións en prácticas para persoas tituladas universitarias
- 2.º grupo: 15 contratacións en prácticas para persoas tituladas en ciclos superiores de formación profesional
As contratacións laborais en prácticas que se deriven realizaranse entre as entidades colaboradoras e as e os titulados universitarios e de formación profesional de ciclos superiores sen experiencia laboral previa, co fin de poder adquirir a práctica profesional adecuada ao nivel de estudos cursados e facilitar a súa inserción no mercado laboral.
A través desta subvención financiarase unha parte do custo laboral total dun contrato en prácticas por un primeiro período de seis meses e outros seis meses máis en caso de prórroga do contrato e condicionado á existencia de crédito suficiente no Orzamento provincial correspondente.
A entidade colaboradora correrá co gasto que deba suplementar ata acadar o custo laboral total que corresponda á súa categoría polo convenio colectivo aplicable, incluída a cota empresarial á Seguridade Social e os incentivos, produtividades e/ou outros conceptos salariais derivados da relación contractual coa organización non gobernamental.
A contía máxima da subvención que se lle concederá a cada persoa contratada en prácticas segundo a categoría e titulación requirida será a seguinte:
Titulación | Importe máximo subvención | Total máximo subvención |
---|---|---|
Licenciatura, grao ou diplomatura | 1.000 €/mes | 12.000 € |
Ciclo superior de formación profesional | 950 €/mes | 11.400 € |
A Deputación provincial será a encargada de seleccionar as persoas que se contraten mediante a presentación das ofertas de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra, que realizará a sondaxe dos postos que se queren cubrir en toda a provincia tendo en conta as titulacións requiridas polas entidades colaboradoras.
A selección efectuarase entre as persoas demandantes de emprego desempregadas ou con tarxeta de mellora de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego da provincia de Pontevedra e que cumpran os requisitos esixidos para a formalización dun contrato en prácticas recollidos nas bases 3 e 4 da convocatoria. O ámbito de busca de emprego non poderá superar o nivel provincial.
Última modificación: xoves, 14 maio 2020