Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Desollar un minotauro

Lucía Aldao (poesía e música)
Marín
26 de diciembre de 2016

Lucia Aldao

Desollar la sombra, la oscuridad, el mínimo crimen y el hábito viciado.

Sospechar de la existencia de un daño pequeño que provoca un daño grande.

Hay algo cautivo en nosotros que nos hace cárcel de dolor.

Abrazar la sombra, arrancarle la piel para ver si hay luz. 

Currículum

Iniciada na poesía durante a adolescencia, o seu éxito levouna a estender as súas actividades  e a emprender unha carreira paralela como cantante, guionista e animadora cultural.

Desde os 15 anos viaxa polo país ofrecendo recitais de poesía. En 2005 xúntase coa tamén poeta María Lado e, once anos despois, continúan ofrecendo os seus espectáculos poéticos nos escenarios máis diversos. Xuntas son aldaolado, o dúo poético que mestura a poesía co humor e a música nun exercicio de comunicación directa co espectador.

Lucía é unha das fundadoras do grupo poético Poetas da Hostia, desde onde se organizaron recitais colectivos como A hostia en verso, ou Merendacea, que supuxeron unha escola de recitado para moitos e moitas poetas de Galicia.

Podemos atopar poemas da súa autoría en numerosas revistas e publicacións colectivas a pesar de que non conta con obra individual publicada, aínda, por decisión propia. Interésalle e traballa profesionalmente na chamada poesía ao vivo ou poesía escénica.