Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Versos a clareo

Dores Tembrás (poesía)
Vilagarcía de Arousa
9 de agosto de 2017 ás 12 h na Casa da Cultura, rúa Alcalde Rey Daviña

María Lado

A proposta consiste en poñer de relevo o legado que unha estirpe de mulleres anónimas nos deixou ás que vimos detrás, transfigurándoo nunha intervención artística. Partindo do poemario Diapositivas a clareo o que procuramos é a reflexión a través das voces e figuras femininas descoñecidas, que configuran unha xenealoxía na que o espectador-lector as emprega como un espello no que dialogan con autoras de recoñecido prestixio. A linguaxe poética será a coordenada desde a que se establecerá esa conversa.

Curriculo

Dores Tembrás naceu en Bergondiño, A Coruña, en 1979. Obtivo a Licenciatura en Filoloxía Hispánica en 2001. Despois dunha bolsa predoutoral na Universidade da Coruña e varias estadías de investigación no estranxeiro, en 2008 defendeu a súa tese de doutoramento: La obra poética de Alejandra Pizarnik. Arquitectura de un desencuentro.

En 2009 publicou o seu primeiro poemario, O pouso do fume, finalista do premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e editado por Espiral Maior. En 2013 gañou o Premio de Poesía Concello de Carral co libro Cronoloxía da urxencia, editado por Espiral Maior en 2014. En 2016 publica a plaquette Auga a través, editada por Apiario. Tamén escribe literatura infantil e en 2012 publicou o seu primeiro libro de poesía infantil, O peizoque Roque.

Os seus textos foron traducidos a varias linguas e incluídos en diversas revistas, obras colectivas e antoloxías.

En 2014 comeza un proxecto cultural, Apiario, coa tamén escritora Antía Otero.