Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

O sexo forte

Ana Arregui(Pintura)
A Guarda
21 de xuño de 2017, ás 11:30 h na praza do Reló

María Lado

A consideración da debilidade, biolóxica e social, como adxectivo predominante na educación da muller supón comportamentos adquiridos: fannos débiles.

Férennos porque os/nos educan na crenza de que poden facernos dano.

Crecemos na necesidade de aprender a defendernos, protexernos… porque somos débiles, e así o cremos… así o cren.

O proteccionismo social, vitimizar á vítima porque non aprendeu a defenderse, porque non soubo masculinizar os seus comportamentos… porque nos cremos débiles… porque cren que o somos. O sexo débil contra o sexo forte.

O sexo forte supón unha alegación á igualdade. Unha reflexión canto ás causas da violencia e da discriminación xeradas polo pensamento biolóxico e social da supremacía masculina e a debilidade feminina. Un acto performativo onde se dilúen os sexos para disolver roles. Non existen os xéneros, non hai dous xéneros.

Curriculo

Ana Arregui nace en 1983 en Osuna (Sevilla), aínda que actualmente reside en Madrid. É licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV) en 2008, cun Máster en Produción Artística, especialidade Arte e Tecnoloxía, cursado tamén na UPV, en 2010.

É unha artista multidisciplinar e investigadora. Entre os seus últimos proxectos expositivos destacan No autorretrato (The Trial Project, We Are Fair, Madrid, 2016) e Arqueolejías. Identidades líquidas (Se Alquila/Público, Madrid, 2015). En 2014 participou no programa da feira Cuarto Público en Santiago de Compostela e foi unha das artistas seleccionadas en EstudioAberto#3, Residencias Artísticas (Rede Museística da Deputación de Lugo).