Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Dentro

María Lado (poesía)
Silleda
26 de setembro 2017 na praza da Igrexa

María Lado

Dentro quere que entres no interior do poema e para iso emprega todo tipo de trampas: sons, imaxes... É como estar na cabeza de María mentres escribe. 

Curriculo

María Lado é poeta cunha ampla obra publicada. Desde os seus inicios en 1997 interesouse pola posta en escena do texto, campo no que nunca deixou de investigar.

Escritora formada en Filoloxía Galega e en Produción Audiovisual, formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. A súa actividade literaria, ademais da poesía publicada e algúns relatos en edicións colectivas, céntrase en recitais e outros modos de acción poética pública. Ademais da súa obra individual, incluíronse textos seus en diversas antoloxías. Algúns dos seus textos traducíronse e publicáronse en castelán, portugués, catalán, ruso, irlandés e inglés. Outros aparecen en discos. Foi guionista da radionovela Novembro, emitida pola Radio Galega en 2006.

Obra poética: A primeira visión (1997), Casa atlántica, casa cabaret (2002), Berlín (2005), Berlín (audiolibro, 2007), Nove (2008), Amantes (2011).