Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Non ten título

María Marticorena (performance)
Tui
Novembro 2017

María Marticorena

Cunha obra nova, cuxo proceso creativo se atopa aínda na súa fase inicial, afrontarei o tema proposto desde a investigación e introspección, que é o punto do que arrincan todos os meus proxectos artísticos. Este proceso materializarase finalmente nunha performance que, do mesmo xeito que o título, teremos ocasión de descubrir no seu momento... Arte en vivo extraído do meu auténtico ser creativo que, tras a análise do espazo e ao seu debido tempo, executarei ante todas vós e vós, no espazo público correspondente.

As miñas constantes creativas son forza, mensaxe, resistencia, loita, beleza e emoción, e interactúo coas persoas asistentes con sutileza, certa tensión e unha sincera implicación.

Curriculo

María Marticorena dedícase á arte de acción, eixo da súa traxectoria artística, desde 2004. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) e participou coa súa obra performática en festivais como os seguintes: Chámalle X, xornadas de arte de acción da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Horas Perdidas, festival de performance-art en espazo público, Monterrey, N. L. México; Arrt d'Accció, ciclo sobre performance e arte de acción no OCCC, Valencia; AccionMad, encontros internacionais de arte de acción, Madrid; FEM, encontro internacional de mulleres na arte de acción, Xirona; Arte no Parque, ciclo de performances do CGAC, Santiago de Compostela; Contenedores, mostra internacional de arte de acción de Sevilla;  eBent, festival de feitos performáticos, Barcelona; IMAN, Intermedia Multimedia Accãou e Nada, O Porto, Portugal; Transposition, exhibición de arte contemporánea en Londres, Reino Unido;  ICAW, Harlech Biennale, en Gales, Reino Unido.