Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Limpeza doméstica

Odette Fajardo (performance)
Vigo
24 de novembro 2016

Odette Fajardo

Trátase dunha acción poética que non só visibiliza o problema da violencia de xénero, senón que permite recoñecer que este ten as súas raíces nun complexo sistema colonial-patriarcal-capitalista que o posibilita e fomenta. Esta performance pretende limpar simbolicamente esta violencia. A arte é unha ferramenta verdadeira de transformación e mediante a experiencia podemos resignificar os nosos imaxinarios e facer posibles novas construcións na vida cotiá. 

Curriculo

Odette Fajardo é unha artista mexicana de performance  que conxuga no seu traballo o persoal e o social. Para ela o traballo artístico é unha necesidade expresiva que parte dunha vivencia íntima e profunda, e que se estende por forza ao plano do político. A principal característica da súa obra é esta fondura, pois as súas accións, materiais e conceptos adoitan conter unha forte carga emotiva e estética.

A súa obra é apreciada en países como Colombia, Grecia, España, Marrocos, Turquía e México, e recibiu diversos recoñecementos de carácter internacional. Foi seleccionada en numerosos festivais de performance , como o Cabanyal Intim (Valencia, 2016) ou o Imagina San Javier (Murcia 2015), e bienais, como PerfoArtNet (Bogotá, 2014 e 2016) ou Horas Perdidas (Monterrey, 2014), entre moitos outros. Actualmente Odette reside en España onde cursa o doutoramento en Arte pola Universidade Politécnica de Valencia, cunha bolsa de estudos artísticos no estranxeiro CONACYT-FINBA (México).