Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

PLASTIC

Paula Quintas (danza)
Cangas
10 de agosto 2017 ás 21:00 h na praza das Pontes

Paula Quintas

Esta peza, sen un título totalmente concluído, está en proceso creativo, onde a investigación parte, a través dos recordos, das pegadas e códigos estipulados socialmente.

Como nos descompomos? Canto tarda unha Barbie en descomporse?

O mundo do plástico, a cirurxía, as iconas, a sexualidade e o corpo-imaxe só son algunhas das ideas que este proxecto escénico expón.

Curriculo

Traxectoria de formación

Bailarina e alambrista circense, docente e coreógrafa visual, licénciase na Universidade de Santiago de Compostela en Historia da Arte e presenta o seu proxecto final de carreira en Body Art e vídeo creación.

Trasládase a Londres en 2009 para estudar en Trinity Laban, Conservatorie of Music and Dance, danza contemporánea, e no National Centre Arts for Circus (Londres, Central School of Speech and Drama), como bailarina en arame tenso, "O corpo como soporte performático".

Actualmente continúa a súa formación e investigación corporal en técnicas entre a danza e o circo e agarraches a certames de danza nacionais e internacionais, como Deltebre Dansa 2016.

Actividade escénica

Actualmente traballa en España e o estranxeiro como freelancer e como artista está relacionada coas compañías TrasPediante(Galicia), Dizzy Ou' Dare (Inglaterra), Voltage Opposites (Galicia) e Cía Projecto C-F Dance(Galicia), onde explora novos códigos corporais dentro dunha combinación de danza, circo e instalación visual e sonora.