Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Tocando as estrelas

Abi Castillo (graffiti)
Vila de Cruces
24 de outubro 2017 no IES Marco de Camballón

Abi Castillo

A obra de Abi Castillo xira arredor da muller, e con esta acción artística pretende valorizar o papel desta na sociedade e reivindicar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Coa natureza sempre presente, quere reflectir neste mural a forza, as ganas e a ilusión por conseguir un mundo distinto onde os soños, por fin, se fan realidade.

Curriculo

Abi Castillo é o pseudónimo da ilustradora Alba Castillo. Graduada en Belas Artes, vive inmersa no mundo da pintura e da cerámica.

Ilustrou o libro O corazón tecido de Catarina, escrito por Ruth Oliveira para a editorial Elvira (Vigo, 2014), participou na segunda edición da publicación IlustraDots e na segunda edición do fanzine sobre mulleres ilustres Ilustrísimas. Tamén participou no proxecto do Concello de Vigo "Vigo, cidade de cor" cun mural para a escola García Barbón, que contou coa colaboración do escritor Francisco Castro.

Actualmente compaxina o seu traballo creativo coa súa faceta como profesora de pintura.