Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Madonna, faite vella con nós, por favor!

Begoña Cuquejo(performance)
Salceda de Caselas
19 de outubro 2017

María Lado

Peza performativa de danza, de quince minutos de duración, traballada cunha comunidade. É un proxecto que trata a violencia estrutural exercida sobre as mulleres e que o fai a través da figura popular de Madonna e a súa imaxe, e das imposicións sociais que afectan ás mulleres. Reivindica a inmensa variedade de mulleres diferentes, de corpos e de movementos, que están encadrados nunha idea de xénero determinada.

Curriculo

Viviu en Suíza ata o dez anos e agora reside en Santiago de Compostela. É unha artista interesada na análise sistémica da realidade, que colabora e dirixe diversos proxectos culturais, performativos e tecnolóxicos.

Como directora escénica recibiu o Premio Injuve no 2010 por Habelas e como coreógrafa foi seleccionada para o Certame Coreográfico de Madrid no 2008 por Cos pés na terra. Funda e codirixe a compañía de danza trasPediante en 2008. Dirixe as pezas Habelas, Tiroteadas, Nin1mm e investiga nos procesos "De corpo en lugar" (curadoría no museo CGAC) e "Planificar a caída". Traballa en diversos proxectos como adviser ou ollo externo: Knock Down the Entrance Door of the Cinema de Het Veem Theater, Funboa escénica de Segue buscando, pezas para Aspamite…

Como performer e creadora traballa en diversas performances, en pezas escénicas, en televisión, en cinema e en maxia escénica. As colaboracións ou performances destacadas son: Tino Seghal (Kiss, MARCO de Vigo), Robert Witman (Man on the Moon, Museo Reina Sofía), Joan Morey (Obey, CGAC), Elena Córdoba (Bist du bei mir, Teatro Ensalle Vigo, 2015), Idoia Zabaleta (Ler e bailar, Escenas do Cambio, 2016), Mercé de Rande (Proxecto Zocas, cocoreografía de Henrique Peón), Jurij Konjar (Coriolano), Leodán Rodríguez e Carlota Pérez (Labirinto), Marina Poleukhina (Vertixe sonora), Esther Arribas, Ingrid Wildi (Arquitecturas de las transferencias. La hybris del punto cero), Álvaro Muñoz Ledo, Hugo Morales (Generador, Jump, Estudio sobre la carne). Como docente-coreógrafa dirixe a aula de Danza da Universidade de Vigo (Doutras), desde 2010. Ademais imparte obradoiros de danza contemporánea (Universidade de Lublin), Arte e Educación (UXT), Creación Sistémica (Biblioteca Popular Mariano Moreno de San Rafael, Arxentina), Expresión Corporal e Memoria (asociación Acolle, no Concello de Pontevedra, 2008-2010), Habilidades Sociais (IES da Estrada, todos os niveis, 2007-2011), Danza e Educación (CGAC). Traballa como coreógrafa e docente para o Centro de Día para Discapacidade Intelectual Aspamite. Todo o seu labor docente articúlase a través da creación de artes vivas coas persoas implicadas.