Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Mulleres: mulleres múltiples, polifónicas, poliédricas, a muller liberada, a submisa, a nai, sempre nai –mesmo cando, ás veces, sexa a do maltratador–, a maltratada... Mulleres!

Casilda Alfaro (acción escénica-teatro)
Bueu
Abril 2017

María Lado

...como non vou saber quen me maltrata? É certo que lle podería contar moitas máis agresións e humillacións: de clientes, da policía, de cidadáns de ben, de almas caritativas, pero a quen veño denunciar é o meu maltratador diario...

Curriculo

Como actriz principiou con Teatro de Ningures, compañía da que é membro fundadora. Traballou tamén para Abrapalabra, Teatro do Morcego, Balea Branca, o Centro Dramático de Viana do Castelo e Teatro do Atlántico, co que obtivo o Premio María Casares á mellor actriz protagonista pola montaxe A noite das tríbades. Neste momento forma parte do elenco de Tartufo, do Centro Dramático Galego. É membro da comisión organizadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas desde o nacemento desta, hai trinta e tres anos.