Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Cronometrías relativas (Ousadía ou homenaxe: unha (re)versión de Time, de David Lamelas)

Amaya González (Performance)
Meaño
5 de outubro 2017

María Lado

Porque cada home ten o seu propio tempo
e só mentres siga sendo seu se mantén vivo.
Momo
(Michael Ende)

A miúdo utilízase un minuto de silencio colectivo como un tempo de respecto, convertendo ese minuto nun acto social de homenaxe.

En Time, cada unha das persoas participantes da performance miraba como pasaba un minuto cun reloxo entre as súas mans.

Un minuto pode parecer un instante ou unha eternidade, dependendo do momento, a situación e a persoa que o vive.

É unha cuestión de tempo, agora e sempre.

Curriculo

Máster en Artes Escénicas na Universidade de Vigo, coa orientación de Estudos Literarios.

Licenciada en Belas Artes nas especialidades de Escultura e Pintura (Universidade de Vigo).

Traballa como artista plástica e visual. Realizou estadías de traballo e formación en Arteleku (San Sebastián), no Museo Serralves (O Porto) e na Laboral Escena (Xixón) dentro do programa Mugatxoan; asiste a diversos obradoiros con artistas coma Gabriel Orozco (Fundación Botín, Santander), Isidoro Valcárcel Medina (Facultade de Belas Artes, Pontevedra) ou David Lamelas (MARCO, Vigo), entre outros. Recibiu a bolsa de creación artística da Fundación Laxeiro de Vigo, a bolsa de produción do programa Mugatxoan e a axuda á produción artística do Centro Cultural Montehermoso Kulturenea de Vitoria. Actualmente, a súa obra, que podería definirse como interdisciplinaria, está presente en exposicións de arte contemporánea en centros de recoñecido prestixio (CGAC, MARCO, MAC, Círculo de Belas Artes etc.), así como en numerosas coleccións privadas e públicas, coma no CGAC (Santiago de Compostela) ou no Museo de Arte de Santander.