Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Titania

Iria Sobrado (performance/acción escénica)
Baiona
6 de xullo de 2017, ás 21:30 h nos xardíns da Casa da Navegación

Iria Sobrado

Canto pesa pelexar á contra?

Canto pesan miles de areas de sal derramadas en balde?

Canto pesa o silencio, o hábito, o costume?

Soltar lastre

Desafiar os reloxos

Cando é agora?

Inventando sistemas

sen cráteres de impacto

imprevistos, inaprensibles, efémeros

O inmediato

Será posible datar a fenda?

E desorbitarnos?

e se habitamos lúas sen gravidade? 

Curriculo

2014-2016: Pazo de familia, Central de Telecontenidos, TVG, Santiago de Compostela

2016: Raclette, Ibuprofeno Teatro

2015: Tertulias artísticas, Café Literarios, Santiago de Compostela

2014: Ciclo de performance, II Encuentro Artistas en Red, Museo Arqueológico de Cacabelos (León)

A espera II (reclamando a Clitemnestra), performance-videoinstalación, estreada en Crash! Segunda Colisión de Performances, Galería Metro / Aire Centro de Arte, Santiago de Compostela

2013A espera I (reclamando a Clitemnestra)", performance-videoinstalación, Zona C, Santiago de Compostela

2012: A triloxía: Clitemnestra-Electra-As Furias, As Churras, performance-videoinstalación, estreada en La Tuerka 27, A Coruña

2011: Orestea Las Vegas, coprodución As Churras/O Cao Danado, estreada no Teatro Taborda de Lisboa (Portugal) o 14 de outubro

2010-2011: My Own Life, As Churras, estreada o 29 de outubro en Santiago de Compostela

2009: Wake Up, Nut Teatro, coprodución do Centro Dramático Galego, estreada no FITEI, no Teatro Carlos Alberto do Porto (Portugal)

2008: Peep Show, Nut Teatro, performance dentro do ciclo Accións ST do Centro Dramático Galego, Santiago de Compostela

2007: A mirada de Pier, Nut Teatro, estreada na Sala Nasa, Santiago de Compostela

Corpos disidentes, Nut Teatro, estreada no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 12 de xaneiro