Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Fender a morada de Barbazul

Alba Blanco (Performance)
O Grove
29 de xuño de 2017, ás 12:30 h na praza do Concello

María Lado

Performance (work in progress)

Duración indefinida

2016

Tagarelas, rexoubeiras, chismosas, inmiscidas, charlatanas, indiscretas, laretas, maldicintes, fedellas, galiñas, veciñas, cheironas, fisgonas, intrigantes, meticonas, cizañeiras, impertinentes, encubridoras, interesadas, soplonas, metomentodos, delatoras, cubilleiras, bocaabertas, latriqueiras, bocalanas, falabaratas, gralleiras, lareteiras, latricadoras, leriantas, lingoreteiras, linguas de trapo, murmuradoras, bisbilloteiras, contiñeiras, gralleiras, leriantes, usmas, gusmas, desvergonzadas, lerchas, trécolas, falmareteiras, garuleiras, mondongueiras, tarabelas, tarambainas, lerchanas, taranas, tolitates, zoñas, paroleiras, malaslinguas, barulleiras…

Curriculo

Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, con un Máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, investigadora en formación no grupo de investigación PE4 Imaxes e Contextos da Universidade de Vigo. Cofundadora do colectivo artístico Blanco&Roja.

Amosa a súa obra en exposicións, mostras, festivais, concellos e espazos públicos de Galicia, España, Alemaña, Holanda, Arxentina, Ecuador e Irlanda. Actualmente compaxina o labor de investigación no programa de doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea da Universidade de Vigo e as tarefas de apoio á docencia na materia de Proxectos de Arte de Acción, no 4.º curso do Grao en Belas Artes, co seu traballo creativo no campo das artes visuais.