Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Cóntame outro conto

Nana (graffiti)
Cuntis
08 de marzo de 2017, ás 10:45 h no pavillón municipal dos deportes

Nana

Nesta intervención a artista realizará un mural mesturando as técnicas do graffiti e da arte urbana.

A obra é unha crítica ao amor romántico entendido dende o punto de vista dos contos de princesas, onde a muller xoga un papel de submisión e desigualdade, no que se valoran os celos e a paixón xustificando a posesión e incluso chegando á violencia.

Curriculo

Santiago de Compostela, 1983. Afeccionada ao debuxo e á pintura dende nena empeza a intervir as rúas trasladando a súa estética persoal ás paredes no ano 2006. A partir dese momento decide converter a súa paixón no seu modo de vida e inicia estudos de Ilustración na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso. Participa en distintas exhibicións e festivais levando os seus personaxes a distintos puntos da xeografía do país.

O estilo gráfico desta ilustradora identifícase por conxugar figuras, temas e cores aparentemente infantís con mensaxes de impacto nas que a principal protagonista é a figura feminina, acompañada de animais e rodeada de natureza.A súa obra é apreciada en países como Colombia, Grecia, España, Marrocos, Turquía e México, e recibiu diversos recoñecementos de carácter internacional. Foi seleccionada en numerosos festivais de performance , como o Cabanyal Intim (Valencia, 2016) ou o Imagina San Javier (Murcia 2015), e bienais, como PerfoArtNet (Bogotá, 2014 e 2016) ou Horas Perdidas (Monterrey, 2014), entre moitos outros. Actualmente Odette reside en España onde cursa o doutoramento en Arte pola Universidade Politécnica de Valencia, cunha bolsa de estudos artísticos no estranxeiro CONACYT-FINBA (México).