Mulleres en acción violencia zero 2016/2017

Non me queiras así

Sandra Bejarano (performance)
O Porriño
06 de marzo de 2017, ás 12 h na praza Antonio Palacios

Sandra Bejarano

En todas as performances levadas a cabo, o corpo e a súa conxunción ou conflito con outros materiais, xeralmente orgánicos, que se transforman durante o proceso, son os protagonistas de accións nas que se poñen a proba e se levan ao límite as capacidades físicas de ambos.

Coma en propostas anteriores, preténdese abordar esta temática dunha forma sutil, coidando os detalles de cada un dos elementos que aparecerán na posta en escena. Esta instalación estará repleta de imaxes e metáforas visuais cargadas de connotacións e dobres sentidos, cun potente dramatismo no que a percepción desempeña un papel importante.

Curriculo

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, obtén unha bolsa Erasmus coa que estuda na Academia de Belas Artes (Akademie der Bildenden Künste, AdBK) de Múnic, onde reside desde 2012. Entre as súas últimas exposicións e proxectos destacan: "Neubau", no pavillón de entrada do edificio novo da AdBK; "Notel Prinzregent ...und der verschüttete Wein soll sein, was diesem guten Mann als Blut erscheint" (performance no Hotel Prinzregent en Friedensengel, Múnic); "Wie's wurde" (vídeo-proxección La decadencia de la carne) na Galería Municipal Cordonhaus de Cham (Städtische Galerie Cordonhaus), Alemaña; "Happy New Year" (exposición anual da AdBK) coa performance Cap. XXXV; "The present shock, será que ainda aqui estás?" en Roundabout.Lx , Lisboa, Portugal...

Actualmente, traballa tamén como auxiliar de sala no Museo de Arte Contemporánea de Múnic (Haus der Kunst) e é asistente no obradoiro de serigrafía do Departamento de Artes Gráficas e de Impresión da AdBK.