Labora 2020

Xestión de Chamadas de Teleasistencia

SSCG0111

Nivel 2, para o acceso deberase cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.

Contidos:

  • Formación específica: Xestión de Chamadas de Teleasistencia, 230 horas
    MF1423_2: Atención e xestión de chamadas entrantes nun servizo de teleasistencia
    MF1424_2: Emisión e xestión de chamadas saíntes nun servizo de teleasistencia
    MF1425_2: Manexo de ferramentas, técnicas e habilidades para a prestación dun servizo de teleasistencia
  • Prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, 80 horas
  • Formación transversal, 12 horas
    •  Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, 4 horas
    •  Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social, 4 horas
    • Desenvolvemento sustentable, respecto e coidado do medio ambiente, 4 horas
  • Formación complementaria, 10 horas
    • Busca de emprego, 5 horas
    • Fomento do emprendemento e autoemprego, 5 horas
  • Orientación laboral e titorías durante a formación, 10 horas

Ligazón (pdf)

Co certificado de Xestión de Chamadas de Teleasistencia poderás traballar como:

  • Operadora ou operador de teleasistencia
  • Teleoperadora ou teleoperador de teleasistencia

Última modificación: xoves, 10 marzo 2022