Infancia e Adolescencia: unha Cara Oculta da Violencia de Xénero
Cando se fala de violencia de xénero adóitase pensar en mulleres adultas que a sofren por parte das súas parellas ou ex-parellas. Non obstante, existe unha cara oculta desta violencia: a que se exerce sobre a infancia e a adolescencia por parte de varóns da familia ou institucións, precisamente naqueles contextos que deberían ser un espazo de protección para nenas, nenos e adolescentes. Con esta xornada aspiramos a proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención desta violencia e a intervención en diferentes ámbitos.
Xornada
Pazo da Cultura. Pontevedra
26 de maio de 2018
Obxectivos
Dar a coñecer os resultados dun traballo de investigación, inserido no Proxecto REDES da Universidade de Vigo, relativo a diferentes aspectos da violencia de xénero exercida sobre a infancia e a adolescencia, que constitúen unha cara oculta da violencia de xénero.
Ofrecer a visión de diversas expertas nos ámbitos da psicoloxía, da educación, da saúde, da xustiza e do asociativo.
Proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención e a intervención en diferentes ámbitos.
Programa
9:30-10:00. Benvida institucional
10:00-10:15. "O Proxecto REDES". Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Profesora da UVigo
10:15-11:30. Panel de presentación do microproxecto "Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero"
- Azucena Arias Correa. Orientadora e profesora da UVigo
- Daisy Alcalde Monteagudo. Mestra. Asociación feminista O Soño de Lilith
- Iria Vázquez Silva. Profesora da UDC
- Presenta e modera: María A. Lires. Coordinadora do microproxecto. Profesora da UVigo
11:30-12:00. Descanso-café
12:00-13:30. Conferencia: "Violencia vicaria e SAP: fillas e fillos como vítimas da violencia de xénero"
13:30-16:00. Xantar
16:00-18:00. Obradoiros
- "A coeducación, o camiño para a prevención da violencia de xénero". Mariví Fernández Roldán. Asesora do Berritzegune de Irún
- "Crianzas maltratadas: detección e abordaxe desde o ámbito sanitario". Lola Ferreiro Díaz. Experta en xénero e saúde
- "Menores e violencia de xénero, tratamento interdisciplinario. Detección e actuación das administracións públicas. Apuntes sobre o Pacto de Estado". Paz Filgueira Paz. Titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo
- "Desmontando mitos contra nenas, nenos e adolescentes desde o eido asociativo". Estrela Gómez Viñas. Presidenta de AGAMME
18:00-18:30. Descanso-café
18:30-20:00. Posta en común e conclusións
Comité organizador
- Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Universidade de Vigo
- Carme Fouces Díaz. Concello de Pontevedra
- Lucía Muradas Arcay. Deputación de Pontevedra
- Daisy Alcalde Monteagudo. Asociación O Soño de Lilith
- María Álvarez Lires. Universidade de Vigo
- Azucena Arias Correa. Universidade de Vigo
- Jone Ojeda Macía. Programa nAmorAndo do Concello de Pontevedra
- Sofía Piñeiro Recarey. Grupo de traballo do microproxecto
- Adoración Varas Noguerol. Plan de Igualdade do Concello de Pontevedra
- Iria Vázquez Silva. Universidade da Coruña
- Mirian Viñas Cochón. Grupo de traballo do microproxecto
Última modificación: venres, 04 maio 2018