Mulleres no sector lácteo

Xornada As Mulleres no Sector Lácteo

Sábado 27 de outubro de 2018
Casa da cultura, salón de actos. Silleda, Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, dentro da programación da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada na que se quere poñer en valor desde a perspectiva feminista un sector tan importante coma o lácteo e deixar patente o alto nivel de participación, implicación e a importancia que teñen as mulleres dentro deste ámbito.

Na xornada analizarase o sector desde as novas oportunidades de negocio, desde un mellor coñecemento da parte máis tradicional deste, a venda de leite á industria, e tamén se promoverá que as mulleres tomen o protagonismo que lles corresponde dentro do sector lácteo en particular e do mundo rural en xeral.

Abordaranse os retos presentes e futuros e tamén se presentarán iniciativas innovadoras lideradas por mulleres.

INSCRICIÓN GRATUÍTA (PRAZAS LIMITADAS)

Data límite de inscrición: 22 de outubro de 2018

Persoas destinatarias:

Persoas interesadas en compartir experiencias, coñecementos e boas prácticas no sector lácteo, preferentemente:

  • Mulleres profesionais do sector
  • Mulleres emprendedoras do sector
  • Mulleres que queiran orientar o seu desenvolvemento persoal e profesional neste sector
  • Persoal de organizacións públicas e privadas
  • Orientadoras e orientadores laborais e profesionais afíns
  • Persoas con interese no sector lácteo

Para máis información podes contactar co Servizo de Igualdade en igualdade@depo.es, escolamariavinyals@depo.es ou no teléfono 986 804 100, ext. 40870.

Programa (pdf)

Para reservar a túa praza é preciso que cubras e envíes o formulario que aparece a continuación.

Unha vez recibamos os formularios de inscrición confirmarémosche coa maior brevidade posible a túa inscrición ou, de ser o caso, a dispoñibilidade de prazas a través do correo electrónico.

Última modificación: martes, 16 outubro 2018