As Mulleres que Opinan Son Perigosas (edición en liña 2021)

O xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes e o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para ocupar o seu espazo nos faladoiros de radio e televisión, nos novos medios dixitais e nas páxinas dos xornais, onde as sinaturas son maioritariamente masculinas. Malia esa realidade, hai mulleres columnistas que escriben, que opinan e que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven; hai mulleres que dirixen medios; e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos.

O xornalismo non é alleo á crise do coronavirus. Co confinamento e coas restricións as tarefas do fogar e os coidados volveron evidenciar as desigualdades existentes e o dobre esforzo das mulleres xornalistas que agora traballan desde a casa. Segundo un estudo da Federación Internacional de Xornalistas (IFJ Global), máis da metade das e dos xornalistas en todo o mundo recoñece ter sufrido estrés e ansiedade pola crise da COVID-19, un problema que recae especialmente nas mulleres: o 63 % das xornalistas fronte ao 55 % dos homes xornalistas. Ademais, coa crise sanitaria a loita feminista pasou a un segundo plano na axenda social e mediática.

A crise do coronavirus e as súas consecuencias na profesión serán o marco no que as convidadas reflexionarán nesta nova edición en liña. Ademais, despois dun ano tan complicado marcado pola pandemia, reivindicaremos a información, a divulgación científica e a opinión como fundamentais para entender o momento histórico que nos toca vivir.

As mulleres xornalistas tomarán a palabra na primeira fin de semana de marzo para ser a antesala dun 8M que tampouco este ano vai poder ocupar as rúas e prazas con manifestacións feministas. Á falta de manifestacións multitudinarias, alzaremos a voz na rede.

A deste 2021 volve ser unha edición especial e diferente, que se desenvolverá a través de internet á espera de poder reunírmonos fisicamente en 2022.

Programa

Venres 5 de marzo de 2021
 

16:45 h Inauguración e benvida

Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, xunto con Diana López e Susana Pedreira

17:00 h Mar Cabra

"Do Pulitzer polos papeis de Panamá ao tecnoestrés xornalístico"

Xornalista de investigación. Premio Pulitzer 2017 polos papeis de Panamá

17:30 h M.ª Jesús Espinosa de los Monteros

"O podcast, unha nova forma de contar historias"

Xornalista, directora de Podium Podcast e Podium Studios. Opinión en El País e The ObjectiveTres premios ondas en 2012, 2016 e 2021.

18:00 h Belén López e Montse Fajardo

"Cultura e memoria na prensa local"

Belén López é xornalista no Diario de Pontevedra

Montse Fajardo forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres

18:45 h Susana Vera

"Nas trincheiras do fotoxornalismo. A linguaxe propia da imaxe"

Fotoxornalista na axencia Reuters. Primeira española en gañar un Premio Pulitzer de Fotografía (2020)

19:15 h Esther Palomera

"Opinión en zona crítica"

Xornalista, cronista política e analista de actualidade en prensa, radio e televisión. Adxunta ao director de Eldiario.es

19:45 h Peche

Sábado 6 de marzo de 2021
 

11:30 h Pilar Álvarez

"Novas responsabilidades con perspectiva de xénero"

Xornalista, correspondente de xénero en El País

12:00 h Pampa García Molina

"A ciencia é noticia"

Xornalista especializada en ciencia, redactora xefa da axencia SINC

12:30 h María Obelleiro, María Yáñez e Silvia Carregal

"As mulleres dirixen os novos medios galegos"

Xornalistas, directoras de Nós Diario, Vinte e As Nosas, respectivamente

13:15 h Pausa

17:00 h Ebbaba Hameida

"Voces desterradas. Mulleres en países musulmáns"

Xornalista e vogal de Reporteros Sin Fronteras España

17:30 h Lara Graña e Mercedes Mora

"Elas dirixen a información económica"

Xornalistas, xefas da sección de Economía en Faro de Vigo e La Voz de Galicia

18:15 h Henar Álvarez

"A opinión necesita comedia: un pouco de buenismo bien e algo de mala leche"

Cómica, guionista e presentadora de radio e televisión

18:45 h Almudena Ariza

"O mundo en plano curto. A experiencia dunha correspondente"

Correspondente de TVE en París, antes en Pequín e Nova York. Leva máis de vinte anos como reporteira en medio mundo

19:15 h Peche

Relatoras

Última modificación: martes, 09 febreiro 2021