Noticias

Vilaboa recibe máis de 30.500 euros do Plan Concellos da Deputación para a remodelación do Club de Piragüismo

O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 a Vilaboa sitúase nun 16.73 %, representando un investimento na vila de 428.562,22 €


03 xuño 2018
plan concellos 2018

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, mediante Resolución presidencial, un novo investimento no Concello de Vilaboa ao abeiro da liña 1 do Plan de Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 30.548,31 euros para a remodelación do Club de Piragüismo Vilaboa Fase II.

Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente 114.382,21 euros, destinados á contratación de 10 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018.

Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 144.930,52 euros do total destinado a Vilaboa, isto é, o 16.73 %.