Depointegra Xoven
A Deputación de Pontevedra, no seu reto de reducir o desemprego, está a traballar no programa "Depointegra Xoven", co apoio financeiro do Fondo Social Europeo da Unión Europea. O programa está destinado á integración sostible de persoas novas da provincia de Pontevedra no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil co obxectivo de que a mocidade consiga unha formación e emprego de calidade.
Obxectivos
- Integrar de maneira sostible no mercado de traballo as persoas mozas desempregadas que non participan nos sistemas de formación ou educación
- Realizar actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados dirixidos á obtención de certificados de profesionalidade
- Ofrecer estes itinerarios en diferentes localizacións da provincia
- Favorecer a participación de mulleres, persoas paradas de longa duración e colectivos en risco de exclusión social (con discapacidade, poboación xitana e inmigrantes)
Persoas beneficiarias
405 persoas de entre 16 e 30 anos da provincia de Pontevedra, inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.
Que ofrecemos
- Axuda económica mensual de 200 euros para as persoas participantes
- Formación para a obtención de certificados de profesionalidade
- Itinerarios formativos de diferentes especialidades con prácticas non laborais (pdf)
- Formación transversal e complementaria en idiomas, TIC e ofimática, inserción laboral, emprendemento e igualdade
- Orientación laboral e titorías individuais e grupais
Cando
Os itinerarios vanse levar a cabo durante o ano 2018.
Onde
- Pontevedra
- Vigo
- Deza
- O Baixo Miño
- O Salnés
- Caldas
Máis información
Correo-e: depointegra@depo.es
Teléfono: 986 804 100, extensións 40708 , 40851, 50865 e 40868
Última modificación: mércores, 18 xullo 2018