Noticias

A Escola de Gaitas e Percusión de Vilanova de Arousa pecha este xoves o curso 2014-2015

Máis de 640 alumnos, 51 deles na escola de Vilanova de Arousa, estudaron gaita, redobrante, pandeireta, zanfona e banda nas escolas da Deputación


17 xuñ 2015

Este xoves a casa da cultura de Corón, en Vilanova de Arousa, será o escenario do concerto de fin de curso da Escola de Gaitas e Percusión da Deputación de Pontevedra.

Baixo a dirección de Hipólito Cabezas e dos mestres Roberto Porto e Andrés Vilán os 51 alumnos da escola clausurarán o curso 2014-2015 cunha actuación aberta ó público, na que demostrarán as habilidades e coñecementos musicais adquiridos durante o último ano.

No acto de clausura entregaránselles os diplomas acreditativos ós 27 alumnos de gaita, 15 de redobrante e 9 de pandeireta matriculados este curso na escola.


Novas relacionadas