Noticias

A Deputación de Pontevedra recoñece o traballo da Banda de Gaitas de Forcarei no seu certame anual

A presidenta Carmela Silva participou no audivisual de homenaxe ao Obradoiro Seivane e lembrou o gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro


22 abril 2017
Gaita

A deputada provincial, Digna Rivas, asistiu este sábado en representación do Goberno da Deputación de Pontevedra ao evento organizado polo colectivo cultural de Forcarei no que se rendeu homenaxe ao Obradoiro Seivane. A presidenta Carmela Silva que non puido estar no acto pero  participou no audiovisual, recoñeceu a importante contribución de Seivane á música popular galega, animou as veciñas e veciños a "sentir un profundo orgullo pola súa posta en valor dun instrumento tan noso", e tamén lembrou a Avelino Cachafeiro, o gaiteiro de Soutelo, como gran referente da música e a gaita galega.

O Goberno da Deputación quixo recoñecer así á Banda de Gaitas de Forcarei que o pasado ano foi un dos grupos da comarca máis demandados no programa PONTEGAL da institución provincial. Ademais a Deputación de Pontevedra colabora coa asociación na edición da súa revista anual e coas axudas para actividades dentro do Ano do Patrimonio, ademais das subvencións anuais para a súa actividade ordinaria.

Vídeos