Xestión de Chamadas de Teleasistencia
SSCG0111
Nivel 2, para o acceso deberase cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:
Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.
Contidos:
-
Formación específica: Xestión de Chamadas de Teleasistencia, 230 horas
MF1423_2: Atención e xestión de chamadas entrantes nun servizo de teleasistencia
MF1424_2: Emisión e xestión de chamadas saíntes nun servizo de teleasistencia
MF1425_2: Manexo de ferramentas, técnicas e habilidades para a prestación dun servizo de teleasistencia - Prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, 80 horas
-
Formación transversal, 12 horas
- Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, 4 horas
- Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social, 4 horas
- Desenvolvemento sustentable, respecto e coidado do medio ambiente, 4 horas
-
Formación complementaria, 10 horas
- Busca de emprego, 5 horas
- Fomento do emprendemento e autoemprego, 5 horas
- Orientación laboral e titorías durante a formación, 10 horas
Co certificado de Xestión de Chamadas de Teleasistencia poderás traballar como:
- Operadora ou operador de teleasistencia
- Teleoperadora ou teleoperador de teleasistencia
Última modificación: xoves, 10 marzo 2022