Labora 2020

Traballos de carpintería e moble

MAMD0209

Nivel 2, para o acceso deberase cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.

Contidos:

  • Formación específica: Traballos de carpintería e moble, 220 horas
    MF0162_1: Mecanizado de madeira e derivados
    MF0173_1: Axuste e embalado de mobles e elementos de carpintería
    MF0882_1: Montaxe e instalación de elementos de carpintería e moble
  • Prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, 80 horas
  • Formación transversal, 12 horas
    • Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, 4 horas
    • Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social, 4 horas
    • Desenvolvemento sostible, respecto e coidado do medio, 4 horas
  • Formación complementaria, 10 horas
    • Busca de emprego, 5 horas
    • Fomento do emprendemento e autoemprego, 5 horas
  • Orientación laboral e titorías durante a formación, 10 horas

Onde: O Rosal

Ligazón (pdf)

Co certificado de profesionalidade de Traballos de carpintería e moble poderás traballar como:

  • Montador/a de produtos de madeira ou ebanistería, en xeral
  • Montador/a de mobles de madeira ou similares
  • Embalador/a, empaquetador/a, etiquetador/a
  • Peón/peoa da industria da madeira e da cortiza

Última modificación: venres, 17 decembro 2021